Nestes 18 anos foi un dos programas con máis éxito que tivo na súa historia a TVG. Con máis de 100.000 rapaces afiliados, converteuse nun fenómeno social que desenvolve un importante labor de normalización e achegamento da lingua aos máis cativos.
O programa inclúe series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais galegos, e series de produción propia.
Moitos grupos musicais galegos tales coma Siniestro Total, Heredeiros da Crus, Nación Reixa, Os Diplomáticos de Monte Alto ou The Killer Barbies, e tamén portugueses e africanos actuaron para o programa, dando a coñecer aos cativos o chamado "movemento Bravú".
Desde o EEI Monte da Guía e o CEIP Sequelos de Marín iniciouse un proxecto para conmemorar o aniversario do porco bravo máis famoso de Galiza. Neste proxecto atoparedes música, vídeos, xogos e actividades. Tamén información sobre os diversos eventos que se están a celebrar con este motivo.
PREME NA IMAXE
A profe Mari Cruz tamén nos deu unha entrada interesante, a da páxina oficial do Xabarín Club, na que, entre outras cousas, vos podedes facer socios, ver videoclips, descargar materiais...
PREME NA IMAXE
Nenhum comentário:
Postar um comentário