Youtube é a mellor escola de idiomas que existe.
Aquí tedes outros videos con cancións infantís en portugués.
Veredes que fácil é cantalas en galego!
Propoñémosvos dúas tarefas:
1. Para os mais novos: Escoitar a canción e cantala cos rapaces. Despois respostar as seguintes preguntas:
- De que fala a letra da canción?
- En que idioma está a canción?
- É máis parecido ao galego ou ao castelán?
2. Para os máis vellos: Escoitar a canción e seguir a letra no video. Despois respostar as seguintes preguntas:
- Sinala as palabras que non coñeces
- Sinala as palabras que se escriben diferente en galego e portugués.
- Traduce ao galego a canción completa e cántaa cos teus compañeiros seguindo o vídeo.
Nenhum comentário:
Postar um comentário