PREME NAS IMAXES PARA AMPLIAR A INFORMACIÓN
BNG, AGE, PSdeG e PP apoiaron por unanimidade a entrada na Cámara da Iniciativa Lexislativa Popular "Paz Andrade", avalada por dezasete mil sinaturas, que contén unha serie de medidas concretas para achegar o portugués á cidadanía galega, coma a progresiva incorporación
do portugués no ensino (nun prazo de catro anos), o fomento da
participación das institución e empresas galegas nos foros económicos,
culturais e deportivos lusófonos, a recepción aberta das televisións e
radios lusas e o recoñecemento desta competencia linguística para o
acceso á función pública. Salientan que son peticións realizables, tanto no caso do ensino -a través de pasarelas ou das propias materias de galego-, coma no da recepción das televisións portuguesas en Galicia -xa aprobada polo Parlamento-, coma no da participación de entidades galegas en foros empresariais ou culturais, aos que que xa foron convidadas en varias ocasións.
Nenhum comentário:
Postar um comentário