Marcadores

13 de mar. de 2018

A Sarabia

A semana pasada estabamos en clase cando de repente caeu unha sarabiada impresionante!! A verdade é que deixamos de prestarlle atención ao profe porque aquilo era extraodinario. O patio da nosa escola estaba branco, como se tivese nevado. E no peitoril da xanela quedou acumulada moita sarabia. Que causalidade! Xusto cando estabamos dando en clase o tempo atmosférico. Esperemos que a nosa horta non se vexa afectada por este fenómeno atmosférico.
Coñecedes algunha outra palabra para denominar a sarabia? Aquí tedes unhas poucas: graínzo, pedra, pedrazo, salpedrés
 



5 de mar. de 2018

Súbete ao Rocío!!

Como presentación ás Xornadas de Portas Abertas do noso centro, realizamos este vídeoclip no que participamos toda a comunidade educativa. Súbete ao Rocío!


31 de jan. de 2018

Poemas pola paz

Co gallo da celebración do día da Paz e non violencia, o martes 30 de xaneiro, no noso centro realizamos un acto para todo o alumnado e profesorado. Podedes velo nesta entrada:
Alén diso, os alumnos de 6º de Ed. Primaria fixeron uns vídeos con poemas en galego por mor desta data. Aquí o podedes ver.

Nós feiramos de segunda a sexta!

Domingo, segunda feira, terza feira, cuarta feira, quinta feira, sexta feira e sábado. Eis os días da semana tradicionais en galego e no mundo da lusofonía. En Galiza aínda perviven e están vivas en boa parte do país, se ben nas persoas de máis idade. 
https://amesa.gal/feirando/
Para evitar a desaparición destas denominacións, recuperalas e darlles vida diaria xorde a campaña “Nós feiramos de segunda a sexta”, impulsada por  A Mesa pola Normalización Lingüística, Portal Galego da Lingua ( PGL),  A Associaçom Galega da Língua (AGAL), xunto coa Fundación Vía Galego.
 Dentro desta campaña, o grupo musical Mamá Cabra compuxo a canción "Na segunda feira", co obxectivo de facilitar ás crianzas a aprendizaxe dos días da semana tradicionais.

17 de jan. de 2018

Día da Paz 2018

Achegámonos xa ao día da Paz, o 30 de xaneiro. Na nosa escola xa estamos a preparar as actividades para este día. Aquí vos deixamos unhas cancións para celebralo:



19 de dez. de 2017

O Nadal está a chegar!!

Este 22 de decembro ven un personaxe moi especial a visitar á rapazada de Vigo:


20 de out. de 2017

Mitoloxía galega

Xa estamos próximos a un dos momentos máxicos do ano, o Samaín, no que o mundo dos mortos e dos vivos parecen achegarse...
Galicia é un lugar moi rico en mitos e lendas, habendo unha grande cantidade de personaxes máxicos. Aquí vos deixamos un par de enlaces para que vos informedes en profundidade.

GALICIA ENCANTADA

 
Tamén tedes este documental onde podedes ver parte deste folcklore tan apaixonante: