Domingo, segunda feira, terza feira, cuarta feira, quinta feira, sexta feira e sábado.
 Eis os días da semana tradicionais en galego e no mundo da lusofonía. 
En Galiza aínda perviven e están vivas en boa parte do país, se ben nas 
persoas de máis idade. 
Para evitar a desaparición destas denominacións, 
recuperalas e darlles vida diaria xorde a campaña “Nós feiramos de segunda a sexta”, impulsada por  A
 Mesa pola Normalización Lingüística, Portal Galego da Lingua ( PGL), 
 A Associaçom Galega da Língua (AGAL), xunto coa Fundación Vía Galego.
 Dentro desta campaña, o grupo musical Mamá Cabra compuxo a canción "Na segunda feira", co obxectivo de facilitar ás crianzas a aprendizaxe dos días da semana tradicionais. 

 
Nenhum comentário:
Postar um comentário