Preme na imaxe para acceder ao artigo.
Marcadores
13 de set. de 2012
"E á educación no rural, quen a rescata?"
Preme na imaxe para acceder ao artigo.
11 de set. de 2012
O valor internacional do galego
A Federación Galega de Parques Empresariais ven de iniciar unha campaña baixo o lema O galego, chave para os teus negocios no mundo, coa que se pretende achegar a nosa lingua ao mundo empresarial e evidenciar a súa utilidade para crear conexións con outros países onde o castelán non conecta, ou conecta peor. Artigo de Valentim Fagim (PREME NA IMAXE).
6 de jun. de 2012
O ensino en galego na Educación Infantil
A Mesa pola Normalización Lingüística constata que na educación infantil
das sete cidades galegas (até os seis anos) a presenza da lingua propia
do país “decaeu de forma notoria nos anos de goberno de Alberto Núñez
Feijóo” e calculan que este descenso a sitúa mesmo por debaixo do 10%. A
Mesa anima as familias a responderen “galego” nas matrículas de
Educación Infantil, “pois é o único xeito de garantir unhas competencias
mínimas tamén na lingua do país”.
PREME NA IMAXE PARA MÁIS INFORMACIÓN
1 de jun. de 2012
Enquisa sobre a língua aos pais de Educación Infantil
Desde a Coordinadora Galega de equipos de normalización lingüística, achegamos esta nota informativa aos pais que van matricular aos seus fillos en Educación Infantil, arredor da lingua que queren que se empregue na aula.
Xunto á documentación para formalizar a matrícula na etapa de Educación Infantil, a Consellería
de Educación e Ordenación Universitaria envía unha enquisa na cal se
pregunta pola lingua materna do neno ou da nena. As dúas opcións que se ofrecen
son castelán ou galego.
As familias debedes saber que o resultado da devandita enquisa establece a
lingua que se vai empregar na aula durante os tres cursos da etapa de Educación
Infantil.
Se desde a escola se vos pide ás familias que
decidades, debedes ter toda a información
para facelo de xeito responsable, sendo conscientes das consecuencias
que a vosa escolla terá no futuro.
Hai moitas razóns polas cales cómpre elixir o
galego para os nosos nenos e nenas:
- Porque necesitan competencia nas dúas linguas para
poderen no futuro decidir cal queren usar.
- Porque é un momento decisivo na súa aprendizaxe e
deben saber que o galego é tamén unha das linguas da escola.
- Porque mellorarán a competencia en castelán e
noutras linguas.
- Porque chegarán con mellor preparación ao ensino
primario.
- Porque poñerán en valor o que lles pertence como
galegas e galegos.
- Porque renunciar a que o galego forme parte do
ensino infantil, supón perder a oportunidade de ilo integrando de
xeito natural e sen ningunha dificultade.
Está na vosas man facer unha escolla responsable.
25 de mai. de 2012
Recoñecemento ao creador de Super Mario
Como xa saberedes, Shigeru Miyamoto, o creador de Super Mario Bros. e moitos outros personaxes de Nintendo, acaba de ser premiado co Premio Principe de Asturias de Comunicación.
Os seus videoxogos, dirixidos a todos os públicos baixo un enfoque familiar, foron recoñecidos "por excluir a violencia e por innovar con programas e formatos que axudan a exercitar a mente nas súas múltiples facetas, resultando moi valiosos desde un punto de vista educativo."
Aquí vos deixamos unha canción que o grupo galego Ataque Escampe lle dedicou ao fontaneiro máis famoso entre a rapaza de medio mundo. Para escoitala, PREME NA IMAXE:
Os seus videoxogos, dirixidos a todos os públicos baixo un enfoque familiar, foron recoñecidos "por excluir a violencia e por innovar con programas e formatos que axudan a exercitar a mente nas súas múltiples facetas, resultando moi valiosos desde un punto de vista educativo."
Aquí vos deixamos unha canción que o grupo galego Ataque Escampe lle dedicou ao fontaneiro máis famoso entre a rapaza de medio mundo. Para escoitala, PREME NA IMAXE:
23 de mai. de 2012
Imaxin Software gaña o premio Leixapren 2012
A empresa Imaxin-Software gaña o Premio Leixaprén 2012 polo uso cotián do galego
A empresa compostelá, dedicada ao
desenvolvemento de programas informáticos, resultou a máis votada polos
Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de
ensino polo uso cotián que fai da lingua galega.
PREME NA IMAXE PARA TER MAIS INFORMACIÓN
21 de mai. de 2012
Empresas e comercios co Modelo Burela
Hai pouco vos deixamos unha lectura sobre o modelo de inmersión lingüística coñecido como Modelo Burela, agora vos deixamos outra nova relacionada coas empresas que asumen como propios os criterios de atención e de comunicación deste modelo.
PREME NA IMAXE
Assinar:
Postagens (Atom)




