Con este propósito, abriremos unha nova sección no blogue, chamada LUSOFONÍA no que iremos poñendo pequenas cousas coas que podemos empezar a nosa aproximación á língua portuguesa. Esperamos que vos gusten!
Marcadores
17 de abr. de 2013
O galego, a chave do mundo
Como di o lema do Correlingua deste ano, o galego é a chave do mundo. Grazas á proximidade da nosa lingua co portugués, os galegos atopámonos nunha situación de vantaxe á hora de aprender este idioma e comunicarnos co mundo lusófono. Se co castelán podémonos comunicar con case 340 millóns de persoas, entre a Península e América, abrirnos ao mundo lusófono vainos permitir comunicarnos con 240 millóns de persoas máis en Europa, América, África e Asia En outras comunidades, como Extremadura ou Castela León, xa hai tempo que o teñen claro, por iso desde os centros de ensino se oferta a aprendizaxe da lingua portuguesa. E iso que eles non falan galego! Para nós sería moito máis sinxelo introducir o portugués na escola a partir do galego. Non lle pechemos as portas a nosa língua, ela e a nosa chave do mundo.
Con este propósito, abriremos unha nova sección no blogue, chamada LUSOFONÍA no que iremos poñendo pequenas cousas coas que podemos empezar a nosa aproximación á língua portuguesa. Esperamos que vos gusten!
Con este propósito, abriremos unha nova sección no blogue, chamada LUSOFONÍA no que iremos poñendo pequenas cousas coas que podemos empezar a nosa aproximación á língua portuguesa. Esperamos que vos gusten!
Actividades TIC Letras Galegas 2013
Falta un mes para a celebración do Día das Letras Galegas. Este ano vaise dedicar ao autor de teatro Roberto Vidal Bodaño. Para saber máis sobre este personaxe, aquí temos as actividades TIC realizadas polo Seminario Galán que traballaremos en clase .
http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/

5 de abr. de 2013
A voz da experiencia
Na web Redondela TV iníciase a serie "A voz da experiencia",un novo programa onde se recollen as testemuñas de persoas maiores. Trátase de recapitular os costumes, a experiencia e a forma de vida dos vellos de hoxe en día. Neste Primeiro capítulo María Martínez máis coñecida por (María de Inés) cóntanos como foi a súa infancia e que lembra ela daquela época.

13 de mar. de 2013
Un idioma entra na casa: un discurso para pais castelán-falantes
Aqui vos deixamos un interesante vídeo: O papel dos pais na aprendizaxe dun segundo idioma.
Un discurso para pais castelán-falantes por Paula Kasares, onde invita aos pais a acompañar aos nenos na aprendizaxe dunha lingua que non usa, ou como neste caso (o euskera), que non domina. Este discurso sería moito máis fácil de establer en Galicia, pero para iso compriría unha actitude completamente diferente por parte da Xunta. A tese central do que nos di Paula Kasares é que os pais poden transmitir unha lingua que non usan, incluso máis, poden transmitir unha lingua que non coñecen:
Fonte orixinal: Carta Xeométrica

No mundo hai máis de 6000 linguas e 200 estados. Polo menos 30 linguas por estado. O raro é unha sociedade cunha soa lingua.
Os vosos fillos van ter o castelán, que é a lingua socialmente forte, como lingua materna. Teñen o castelán asegurado. Non hai que ter ese medo porque é infundado.
Fonte orixinal: Carta Xeométrica
22 de fev. de 2013
Día de Rosalía
Tamén vos informamos dos distintos actos que se van celebrar desde distintas organizacións:
- Desde a Asociación de Escritores en Lingua Galega proponse a lectura de poemas de Rosalía a partir das 19.00 do día 23 de febreiro (sábado) en diferentes cidades e vilas, acompañada da lectura dun manifesto. (A lectura en Vigo é ao pé do MARCO-Museo de Arte Contemporánea)
- O domingo 24 (176 aniversario do nacemento de Rosalía) a Fundación Rosalía de Castro celebra o Día de Rosalía con diferentes actos entre o que destaca o das 12.00 en Padrón na Casa de Rosalía. Nas ligazóns destas organizacións pódense ver máis detalles e máis actos.
13 de fev. de 2013
O Merdeiro: un personaxe do entroido vigues
Aquí vos queda un pequeno documental sobre o traballo de recuperación realizado arredor deste personaxe.
OS MERDEIROS, A RECUPERAÇOM from OS MERDEIROS, A RECUPERAÇOM on Vimeo.
6 de fev. de 2013
O anel da vergoña
Deixamos aquí unha carta dun lector do Faro de Vigo, moi interesante.
Anel de vergoña
Iolanda Teijeiro Rey - Ferrol
01.02.2013 | 07:32
Unha disposición de vintedous de xullo de 1837, encamiñada a promover o
uso exclusivo do castelán aconsellaba o seguinte recurso pedagóxico:
entregar un anel a un alumno o primeiro día da semana; cada vez que o
posuidor da prenda escoitara falar en idioma diferente ao castelán
(léase galego), entregaríalle o anel a aquel alumno que ousase falalo, e
así, de cote, ata a fin de semana en que o probe ignorante que ficase
co anel sería duramente castigado.
Hoxe, a meirande parte dos alumnos galegos, ao chegar a clase os luns, seguen a matarse por desfacerse deste anel da vergoña de falar na lingua propia de Galiza que é o galego, non o castelán. E que o galego sexa a lingua propia de Galiza debémosllo a todo o pobo que foi quen de seguir a falalo durante séculos a pesares da aldraxe e o asoballamento, da doma e da castración que padecimos e padecemos dende o reino de Castela.E tamén aos que hoxe erguémonos para defendelo. O anel da vergoña aínda o levan os meniños galegos que empezan o preescolar e non teñen colexio onde os eduquen na súa lingua nai. O anel da vergoña está no decreto de Feijóo, na reforma da Wert-goña da Meseta. O anel da vergoña é ter que levar enriba un traductor simultáneo cada vez que exercemos o dereito a vivire en galego na nosa Terra. Pedir unha macela e, perante a faciana abraiada do camareiro, ter que engadir: camomila, manzanilla, ho! Ou estar a practicar tai chi e ter que dicir cóbado-codo, xeonllo-rodilla, coteno-nudillo, queixo-mentón... sen poder descansar un intre, cando te dirixes a persoas que naceron e viviron toda a vida en Ferrol, e Ferrol é unha cidade galega, alomenos oficialmente. O máis vergoñento do anel da vergoña non é a deshonra dos devanceiros, a propia deshonra, senón a indignidade de milleiros de galegos avergoñados que morren por pasarlle o anel que o sinala coma galego a outro e vender o seu e aos seus sen precisar xa de ningún castigo ameazante!
Polo menos noutros séculos eran estranxeiros, reis castelás os que nos impuñan a lingua castelá. Agora póñennos o anel aqueles que enchen a boca coa verba liberdade (de lingua, de escolla...) e non falan galego nin o dezasete de maio: AGLI, MLL, GB... Tan gallego como el gallego, que utilizaron nenos de primaria para recoller sinaturas contra a nosa lingua. Eses desleigados que confunden á lingua cos falantes e loitan contra a normalización lingüística porque din que a normalización non define como normais aos castelánfalantes. Din que se opoñen a calquera discriminación por razón de lingua. Mais eu nunca os vexo contra a discriminación dos galegofalantes, cando é maioritaria. Nunca os vexo nas manifestacións polos dereitos lingüísticos negados en séculos de historia ata hoxe. Non os vexo reclamando medios en galego, ensino en galego... onde non chega, que é en toda Galiza. Seica para eles a liberdade é a liberdade do diñeiro. E se non hai oferta é porque non hai demanda. A trola da lei de libre mercado aplicada á lingua asoballada! Cando eliminaremos este anel da vergoña? Vivamos coma galegos, mais non só de figuríns na publicidade.
Fonte orixinal: Faro de Vigo. 01/02/2013
http://www.farodevigo.es/cartas/2013/02/01/anel-vergona/750155.html

Assinar:
Postagens (Atom)