Marcadores

22 de fev. de 2013

Día de Rosalía


Esta fin de semana celébranse dúas datas importantes relacionadas coa escritora Rosalía de Castro. O 176 aniersario do seu nacemento e o 150 aniversario da primeira edición (na rúa Real de Vigo) da súa obra "Cantares Gallegos". Desde A Voz do Resío animámosvos a celebrar estas datas facedo un agasallo dun libro en lingua galega e unha flor.
Tamén vos informamos dos distintos actos que se van celebrar desde distintas organizacións:

- Desde a Asociación de Escritores en Lingua Galega proponse a lectura de poemas de Rosalía a partir das 19.00 do día 23 de febreiro (sábado) en diferentes cidades e vilas, acompañada da lectura dun manifesto. (A lectura en Vigo é ao pé do MARCO-Museo de Arte Contemporánea)

- O domingo 24 (176 aniversario do nacemento de Rosalía) a Fundación Rosalía de Castro celebra o Día de Rosalía con diferentes actos entre o que destaca o das 12.00 en Padrón na Casa de Rosalía. Nas ligazóns destas organizacións pódense ver máis detalles e máis actos.

Nenhum comentário:

Postar um comentário