Marcadores

12 de out. de 2023

VI Edición do CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E MISTERIO

Chegando o tempo do outono e como preparación para o Samaín, presentamos a sexta edición do Concurso de Microrrelatos de Medo e Misterio, no que o alumnado e as súas familias teñen a oportunidade de participar e mostrarnos o seu talento narrativo.



As diferentes CATEGORÍAS nas que poden participar os vosos relatos son: 

- AUDIO: Poderán presentarse a esta categoría os microrrelatos gravados nun audio. 
Animámosvos a participar nesta categoría! É moi sinxelo: pensa nun bo tema, escribe o guión e grávate! A túa historia publicaráse nos programas de Radio Resío que se emitan durante este outono.

- VÍDEO: Participarán nesta categoría os relatos que fagan un pequeno relato audiovisual en formato Vídeo.
Fai a túa curta! Móstranos o Alfred Hitchcock que levas dentro. 

Fíxate ben nas normas que hai establecidas para ambas as dúas categorías. Que non quede fóra a túa historia por un pequeno despiste!

NORMAS para os relatos: 
1- Estes pavorosos microrrelatos terán que estar elaborados en Lingua Galega. 
2- O tema ten que ser de medo ou de misterio. 
3- Deben de ter unha duración máxima de DOUS MINUTOS. 
4- Poden realizarse nas modalidades de Audio e de Video
5- Tedes que envialos por unha destas canles: 
· E mail: juanlf@colexiorocio.com 
· WhatsApp da nosa escola 658715569 
· Traer á escola nun Pen drive 
6- A data límite para entregar os vosos relatos será o LUNS 23 de outubro ás 23:59h. 
 

Os microrrelatos de misterio e medo serán avaliados tendo en conta os seguintes criterios

CRITERIOS DE PUNTUACIÓN
-A corrección idiomática 
-Os efectos especiais 
-A participación do alumnado 
-A entonación e interpretación
-A estrutura do relato: inicio, nó, e desenlace. (Non  ten que ser necesariamente nesa orde!)

O martes 31 de outubro teremos a estrea oficial dos microrrelatos finalistas e coñeceremos aos autores  destas terroríficas creacións. 
Haberá uns horribles e monstruosos premios para os finalistas e gañadores das diferentes categorías do concurso. 

Agardamos a vosa participación!!!

Nenhum comentário:

Postar um comentário