Marcadores

28 de mai. de 2019

21 días co galego e +

Os cursos de 5º e 6º de Ed. Primaria realizamos durante este mes de maio unha actividade na área de Lingua Galega chamada "21 días co galego e +". Esta actividade leva uns cantos anos desenvolvéndose en diferentes centro de ensino secundario e a nosa intención foi a de adaptala ao noso alumnado de Ed. Primaria. O obxectivo desta actividade e fomentar o uso oral da lingua galega entre os rapaces, tentando levalo a todos os ámbitos, tanto da escola como fóra dela.
Algunhas das actividades incluídas neste proxecto foron as seguintes:
- Lecturas e comentarios destas:"Fábula del castellanoparlante" ; "Son neofalante"
- Reflexións persoais gravadas en vídeo / audio polos nosos alumnos
- Propostas de xogos para facer coa familia
- Concurso de regueifas

Esta semana rematamos este proxecto. Estamos agardando as derradeiras reflexións persoais para facer unha avaliación final. Cremos que paga a pena, aínda que o obxectivo final non sempre sexa acadado por todos os alumnos.

Nenhum comentário:

Postar um comentário