24 de febreiro de 1837 é a data de nacemento da nosa escritora máis universal, Rosalía de Castro. A Associaçom Galega da Lingua (AGAL) réndelle homenaxe con dezaoito poemas recitados en diferentes sotaques lusófonos.
Nos vídeos, diferentes persoas da Galiza, Portugal, Brasil e Angola
poñen a súa voz a diferentes poemas escollidos polas mesmas entre os
publicados nos libros Cantares Galegos (1863) e Follas Novas (1880). As
voces son acompañadas con subtítulos da versión orixinal deses poemas.
Durante os días 22 e 23 de febreiro, podes participar na votación para escoller o mellor poema, ou a mellor lectura,
que será anunciado no dia 24. Basta clicares en ‘gosto’ no vídeo de Youtube da túa preferencia.
PREME NA IMAXE PARA VER OS VÍDEOS
Nenhum comentário:
Postar um comentário