Desde a Mancomunidade de montes de Vincios estase a traballar nun proxecto de posta en valor dos nosos montes. A súa idea pasa porque todos coñezamos que riquezas temos nos nosos montes (recursos económicos, arqueolóxicos, naturais,etc) e dese xeito tomemos conciencia da importancia que ten na nosa calidade de vida. Na súa web, Cartografías Sensibles, podedes atopar moita información sobre a Serra do Galiñeiro, sobre as súas riquezas e tesouros, que nos ofrecen unha chea de posibilidades de uso dos montes.
PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NA WEB
Nenhum comentário:
Postar um comentário