Marcadores

20 de out. de 2022

Excursión Pza. Compostela e Salinae


Empezamos a excursión na praza de Compostela que antes chamábase Alameda. O nome cambiouse o 13 de marzo de 1935 aínda que hai xente que a segue chamando Alameda. A finais do século XIX foi o primeiro xardín urbano. Había moitas arbores: magnolios, unha araucaria moi grande, uns fentos xigantes e Camelios. Tamén había moitas estatuas na praza: de pescadores, de Don Castro Méndez Nuñez (construíse o 21 de agosto de 1890), outra dunha cabra e un carneiro, dun neno montado nun caracol, de Curros Enríquez, outra dunha muller con tres nenos buscando a o seu pai que foi ao mar...

Ademais, vimos edificios modernistas, un tiña forma de barco! Había un edificio horrible, que era unha mestura entre moderno e antigo. Había unha que era “ A casa Yañez”, de 1900, que foi feita para Paulino e Francisco Yañez. Tamén vimos o consulado de Ecuador. Na rúa Policarpo Sanz hai unha placa que indica que alí viviu Camilo José Cela, que levou un premio Nobel de literatura. A maioría dos edificios históricos agora son bancos.




Despois fomos as salinas, vimos algúns restos arqueolóxicos, como por exemplo: as propias salinas, as receitas de Apicius, o calzado dos romanos, a salsa Garum...



Contáronnos que a calle Pontevedra era Necrópole, é dicir, un cemiterio. Explicáronos que o sal servía para: Conservar os alimentos, para cociñar, para pagar e para facer tintes.

Para saber que cociñaban os romanos, utilizaron a técnica mapache, que consiste en escarvar e atopar a comida petrificada, e polos libros

antigos.



O primeiro paso para a obtención da sal é que cando chega pasa por unha piscina con moita altura que ten pedras dentro para quitar a sucidade.

O segundo paso é que pasa a outra piscina.

Despois deixan que a auga se evapore.


13 de out. de 2022

CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E MISTERIO

 Outro ano máis, as familias teñen a oportunidade de participar no terrorífico Concurso de Microrrelatos de Medo e Misterio que facemos todos os anos cando chega o Samaín.

As diferentes CATEGORÍAS nas que poden participar os vosos relatos son: 

- AUDIO: Poderán presentarse a esta categoría os microrrelatos gravados nun audio.

- VÍDEO: Participarán nesta categoría os relatos que fagan un pequeno relato audiovisual en formato Vídeo.

NORMAS para os relatos: 
1- Estes terroríficos microrrelatos terán que estar elaborados en Lingua Galega. 
2- O tema ten que ser de medo ou de misterio. 
3- Deben de durar como moito 1 minuto e medio. 
4- Poden realizarse nas modalidades de Audio e de Video
5- Cando xa teñades os microrrelatos feitos, tedes que envialos por unha destas canles: 
· E mail: juanlf@colexiorocio.com 
· WhatsApp da nosa escola 658715569 
· Traer á escola nun Pen drive 
6- A data límite para entregar os vosos relatos será o día 24 de outubro ás 23:59h. 
 
O día 28 de outubro teremos a estrea oficial dos microrrelatos finalistas e coñeceremos aos autores  destas terroríficas creacións. 
Haberá uns horribles e monstruosos premios para os finalistas e gañadores das diferentes categorías do concurso. 
Os microrrelatos de misterio e medo serán avaliados tendo en conta os seguintes criterios
-A corrección idiomática 
-Os efectos especiais 
-A participación do alumnado 
-A entonación e interpretación
-A estrutura do relato: inicio, nó, e desenlace. (Non  ten que ser necesariamente nesa orde!)

Agardamos a vosa participación!!!




31 de mai. de 2022

RADIO RESÍO: Novo programa de "Música no faiado"

 Desde o club de lectura da nosa escola envíannos este novo programa da nosa radio escolar Radio Resío, na que lle dan un repaso á música do século XX, relacionada co libro "Música no faiado" de Miguel Ángel Alonso Diz

Aquí podedes escoitar o programa : PREME AQUÍ








14 de mai. de 2022

Celebramos os Maios e as Letras Galegas 2022

Onte, 13 de maio celebramos na nosa escola a festa dos Maios e das Letras Galegas. 

Ao longo da semana estivemos investigando arredor da figura de Florencio Delgado Gurriarán e traballamos con estes materiais.


Ao longo da mañá, os distintos cursos foron encargándose de realizar as grilandas do maio con flores, con ovos, preparar a estrutura vexetal, etc...

Tedes neste enlace algunhas das fotos que tiramos ao longo da xornada:

FOTOS 1


FOTOS 2

Como todos os anos, tras confeccionar o noso maio, reunímonos no patio para cantarlle as coplas. 

Despois, a aula de 4º de Ed. Primaria fixeron o "baile das fitas" como xa é tradición na nosa escola.



Para rematar, cantamos o Himno todos xuntos.



 Desta ocasión contamos coa colaboración das pandereiteiras "As mozas de Ouro" de Coruxo, xunto cun par de gaiteiros que nos quixeron acompañar, Xacobe e Luís. A todos eles, moitas grazas! E agardamos que repitan o próximo ano.




26 de abr. de 2022

Letras Galegas 2022: Actividades sobre Florencio Delgado Gurriarán

Achégase o mes de maio, o mes das Nosas Letras, este ano adicado ao autor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán. Para que vaiades coñecendo a súa figura, deixámosvos aquí as actividades que nos ofrece o Seminario Galán:

- Actividades en liña:


- Actividades para imprimir


Ademais destas actividades, atoparedes máis materiais na seguinte ligazón:

 O GUIEIRO DE FLORENCIO



9 de abr. de 2022

RADIO RESÍO: Programa do Día do Libro 2022

 Aquí tedes un novo programa de RADIO RESÍO, realizado pola clase de 4º de Ed. Primaria e adicado ao Día do Libro. Neste programa entrevistaremos a varias alumnas e ex-alumnas, Agardamos que vos guste!


PROGRAMA Día do Libro 2022




22 de fev. de 2022

Hip Hop con Rosalía de Castro

 Para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro, que se celebra mañá, 23 de febreiro, os alumnos de 5º de Ed. Primaria fixeron unhas adaptacións dos poemas de Cantares Gallegos ao Hip Hop. 

Agardamos que vos gusten!!


HIP HOP con Rosalía de Castro