Terceiro traballo do noso Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística, desta vez dedicado a expoñer como é o xogo do Fútbol Gaélico, un deporte que levamos varios anos practicando na nosa escola e que nos últimos tempos está a coller moito pulo en Galicia. Esperamos que vos guste!!
Marcadores
15 de fev. de 2016
13 de fev. de 2016
Aí vén Pedro Chosco!
Publicamos no noso blog "A voz do Resío" a obra de teatro realizada polos alumnos de 4º de Primaria no pasado festival de Nadal. Esta obra forma parte do noso proxecto audiovisual "Antena Resío TV". Moi bo traballo, rapaces!
27 de nov. de 2015
Dez sinxelos pasos para revitalizarmos a nosa lingua
A Mesa pola normalización lingüística de Galiza ven de publicar un pequeno video no que nos anima a dar pequenos pasos en prol da nosa lingua.
Aquí vos queda.
Aquí vos queda.
9 de nov. de 2015
Recursos do Magosto
Este martes 10 de novembro celebramos na nosa escola o tradicional magosto. Como neste curso estamos no "Ano Picolímpico", os nenos e nenas do Rocío farán unha Olimpíada das Castañas, xogando en diversas probas deportivas antes pasar á degustación das castañas asadas.
Para saber máis sobre esta festa tradicional, deixamos aquí os seguintes recursos:
Recursos do Magosto
O magosto en Galiza. (Presentación)
U.D. da Castaña
Para saber máis sobre esta festa tradicional, deixamos aquí os seguintes recursos:
Recursos do Magosto
O magosto en Galiza. (Presentación)
U.D. da Castaña
4 de nov. de 2015
Samaín 2015
Para celebrarmos o Samaín, os rapaces de 4º fixemos este vídeoclip terrorífico. O tema musical escollido foi "Os esqueletos", na versión realizada por Luis Prego no seu derradeiro traballo "Xogos infantís". Fixemos un pouco de "playback", pero pasámolo moi ben.
Con este vídeo iniciamos as actividades do proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística "Antena Resío TV". Agardamos que vos guste!!
9 de set. de 2015
Comeza o noso Ano Picolimpico 2015-16
Comezamos o novo curso escolar 2015-16 no CEIP do Rocío. O tema elixido para o noso proxecto anual do centro, "O Ano Picolímpico", xirará arredor dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos.
Ao longo do curso irémonos mergullando na historia dos Xogos, as súas orixes, os deportes que se realizan, as persoas que participan e o fan posible, etc.
Como xa saberedes, a celebración dos próximos Xogos Olímpicos e Paralímpicos vai transcorrer no Río de Xaneiro no verán de 2016. Van ser as primeiras Olimpíadas celebradas nun país da América do Sur e tamén as primeiras celebradas nun país de fala portuguesa.
Desde o noso blogue A VOZ DO RESÍO, non queremos deixar pasar a oportunidade deste gran acontecemento mundial, no que a nosa língua, o galego, pola súa proximidade ao portugués, terá a presenza, relevancia e utilidade internacional que algunhas veces se lle pretende negar.
Como introdución, deixamosvos con este vídeo promocional de Río 2016, apresentado por catro nenos brasileiros que nos explicarán o que alí vai acontecer dentro duns meses
15 de mai. de 2015
Letras Galegas 2015
Este ano o día das Letras Galegas está dedicado a Xosé Filgueira Valverde, "o vello profesor". No seguinte enlace do Seminario Galán atoparedes información e actividades para coñecer mellor a vida e obra deste autor:
Filgueira Valverde, o escritor homenageado no Dia das Letras 2015, dá nome a um documento fundamental para entender a história do galego contemporáneo: o “Decreto Filgueira”, que em 1982 oficializou a normativa do galego que chegou aos nossos dias, derrogando as imediatamente anteriores de Carvalho Calero. Decreto Filgueira explica os antecedentes deste acontecimento desde os anos 70.
Filgueira Valverde, o escritor homenageado no Dia das Letras 2015, dá nome a um documento fundamental para entender a história do galego contemporáneo: o “Decreto Filgueira”, que em 1982 oficializou a normativa do galego que chegou aos nossos dias, derrogando as imediatamente anteriores de Carvalho Calero. Decreto Filgueira explica os antecedentes deste acontecimento desde os anos 70.
Assinar:
Postagens (Atom)
