Moi boas rapaces! Xa estamos na metade de Outubro, polo que non falta moito para a primeira celebración do ano: O Samaín!!!
Como vén sendo xa tradición, convocamos a todo o alumnado e ás súas familias para participar no VIII CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E MISTERIO.
Estade atentos á normativa:
NORMAS para os relatos:
1- Estes pavorosos microrrelatos terán que estar elaborados en Lingua Galega.
2- Establécense 2 categorías: PEQUES (4º de Ed. Infantil ata 2º de Ed. Primaria)
e MAIORES (3º a 6º de Ed. Primaria)
2- Os microrrelatos poden ser presentados en formato AUDIO ou VÍDEO
3- O tema ten que ser de medo ou de misterio.
4- Deben de ter unha duración máxima de TRES MINUTOS.
5- Tedes que envialos por unha destas canles:
· E mail: juanlf@colexiorocio.com
· WhatsApp da nosa escola 658715569
· Traer á escola nun Pen drive
6- A data límite para entregar os vosos relatos será o LUNS 27 de outubro ás 23:59h.
Os microrrelatos de misterio e medo serán avaliados tendo en conta os seguintes
criterios:
CRITERIOS DE PUNTUACIÓN
-A corrección idiomática
-A participación do alumnado
-A entonación e interpretación
-A estrutura do relato (O guión): inicio, nó, e desenlace. (Non ten que ser
necesariamente nesa orde!)
-Os
efectos especiais
O xoves 30 de outubro teremos a estrea oficial dos microrrelatos
finalistas e coñeceremos os gañadores das diferentes categorías
do concurso.