Chegados xa ás vacacións de Nadal, desde Radio Resío facemos un repaso do que aconteceu no noso centro desde que comezou o curso. Premede no título para acceder ao programa:
PROGRAMA RESUMO 1º TRIMESTRE CURSO 2022-23
Chegados xa ás vacacións de Nadal, desde Radio Resío facemos un repaso do que aconteceu no noso centro desde que comezou o curso. Premede no título para acceder ao programa:
PROGRAMA RESUMO 1º TRIMESTRE CURSO 2022-23
Agora que se achega o Samaín, queremos lembrarvos as actividades do cole nas que podedes participar para este Samaín. Fixemos este programa para animarvos a todos a participar. Non as perdades!!
Se nos fixestes nunca unha cabaza de Samaín, só tedes que seguir estas instrucións:
1- Escolle unha cabaza segundo as túas preferencias: alongada, redonda, grande, mediana... Recomendámosvos que non escollades unha cabza demasiado grande nin pequena, pois son máis difíciles de traballar. Máis que a súa forma, o importante é que comprobedes que non é demasiado dura para traballar con ela.
2- Coa axuda dun adulto, fai un burato pola parte superior da cabaza, (onde está o rabo). Faino con coidado, para que poidas usar de tampa a parte pola que furaches a cabaza. Ten que ser un burato suficientemente amplo para poder obrar por dentro da cabaza con facilidade.
3- Cunha culler grande, baleira o interior da cabaza (podes gardar as sementes para a primavera). Ten conta de deixala ben limpa, pero con coidado de non furar as paredes da cabaza.
4- Fai o teu deseño cun lapis sobre a cabaza. Bótalle imaxinación!! Ponlle ollos, nariz, un sorriso monstruoso...Tamén podes buscar modelos que te inspiren en Internet.
5- Coa axuda dun adulto, vai facendo buratos sobre o deseño que fixeches en lapis na túa cabaza.
6- Podes complementala co que se che ocorra, para que a túa sexa a cabaza máis fashion de toda a exposición.
7- Trae á escola a túa cabaza cun papeliño no que figuren o teu nome e curso.
A TRABALLAR!!
O venres 29 deberedes levar de volta a vosa cabaza, para que vos acompañe ao longo da festividade do Samaín.
Deixámosvos un novo programa de Radio Resío no que vos contamos a excursión que fixeron os de 5º e 6º a semana pasada a Santiago, onde visitaron a sé do Parlamento de Galicia e o edificio da Xunta en San Caetano. Agardamos que vos guste!
Os alumnos de 6º fixeron o martes 17 de outubro unha visita ás salinas romanas de Vigo, na rúa Rosalía de Castro. Aproveitamos a saída para pasear pola praza de Compostela, tamén coñecida como a Alameda, na que puidemos ver estatuas e esculturas, árbores moi grandes e vellas e exemplos da arquitectura de prinicipios do s. XX. Agardamos que vos guste o noso programa!!
PROGRAMA DE RADIO: As salinas romanas
Despois fomos as salinas, vimos algúns restos arqueolóxicos, como por exemplo: as propias salinas, as receitas de Apicius, o calzado dos romanos, a salsa Garum...
Contáronnos que a calle Pontevedra era Necrópole, é dicir, un cemiterio. Explicáronos que o sal servía para: Conservar os alimentos, para cociñar, para pagar e para facer tintes.
Para saber que cociñaban os romanos, utilizaron a técnica mapache, que consiste en escarvar e atopar a comida petrificada, e polos libros
antigos.
O primeiro paso para a obtención da sal é que cando chega pasa por unha piscina con moita altura que ten pedras dentro para quitar a sucidade.
O segundo paso é que pasa a outra piscina.
Despois deixan que a auga se evapore.
Outro ano máis, as familias teñen a oportunidade de participar no terrorífico Concurso de Microrrelatos de Medo e Misterio que facemos todos os anos cando chega o Samaín.
Desde o club de lectura da nosa escola envíannos este novo programa da nosa radio escolar Radio Resío, na que lle dan un repaso á música do século XX, relacionada co libro "Música no faiado" de Miguel Ángel Alonso Diz
Aquí podedes escoitar o programa : PREME AQUÍ
Onte, 13 de maio celebramos na nosa escola a festa dos Maios e das Letras Galegas.
Ao longo da semana estivemos investigando arredor da figura de Florencio Delgado Gurriarán e traballamos con estes materiais.
Ao longo da mañá, os distintos cursos foron encargándose de realizar as grilandas do maio con flores, con ovos, preparar a estrutura vexetal, etc...
Tedes neste enlace algunhas das fotos que tiramos ao longo da xornada:
Como todos os anos, tras confeccionar o noso maio, reunímonos no patio para cantarlle as coplas.
Despois, a aula de 4º de Ed. Primaria fixeron o "baile das fitas" como xa é tradición na nosa escola.
Para rematar, cantamos o Himno todos xuntos.
Desta ocasión contamos coa colaboración das pandereiteiras "As mozas de Ouro" de Coruxo, xunto cun par de gaiteiros que nos quixeron acompañar, Xacobe e Luís. A todos eles, moitas grazas! E agardamos que repitan o próximo ano.
Achégase o mes de maio, o mes das Nosas Letras, este ano adicado ao autor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán. Para que vaiades coñecendo a súa figura, deixámosvos aquí as actividades que nos ofrece o Seminario Galán:
Ademais destas actividades, atoparedes máis materiais na seguinte ligazón:
Aquí tedes un novo programa de RADIO RESÍO, realizado pola clase de 4º de Ed. Primaria e adicado ao Día do Libro. Neste programa entrevistaremos a varias alumnas e ex-alumnas, Agardamos que vos guste!
Para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro, que se celebra mañá, 23 de febreiro, os alumnos de 5º de Ed. Primaria fixeron unhas adaptacións dos poemas de Cantares Gallegos ao Hip Hop.
Agardamos que vos gusten!!