Marcadores

20 de out. de 2024

RADIO RESÍO: Programa de Outono

 Deixámosvos aquí o primeiro programa de Radio Resío deste curso 2024-25, no que falaremos das actividades que fixemos desde que comezamos, así como das próximas festas que imos celebrar no cole.

Agardamos que vos guste!!!


PREME AQUÍ PARA ESCOITAR O PROGRAMA




10 de out. de 2024

VII CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E MISTERIO

 

Xa estamos no outono e a primeira festa do ano xa se achega: O Samaín! Como todos os anos, convocamos ao alumnado e ás súas familias para que participen no CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E MISTERIO, que este ano fai a súa sétima edición.

9,879,459 ilustraciones de stock de Monstro de rosa | Depositphotos


As diferentes CATEGORÍAS nas que poden participar os vosos relatos son: 


- AUDIO: Poderán presentarse a esta categoría os microrrelatos gravados nun audio. 

Animámosvos a participar nesta categoría! É moi sinxelo: pensa nun bo tema, escribe o guión e grávate! A túa historia publicaráse nos programas de Radio Resío que se emitan durante este outono.


- VÍDEO: Participarán nesta categoría os relatos que fagan un pequeno relato audiovisual en formato Vídeo.

Fai a túa curta! Móstranos o Alfred Hitchcock que levas dentro. 


Fíxate ben nas normas que hai establecidas para ambas as dúas categorías. Que non quede fóra a túa historia por un pequeno despiste!


NORMAS para os relatos: 

1- Estes pavorosos microrrelatos terán que estar elaborados en Lingua Galega. 

2- O tema ten que ser de medo ou de misterio. 

3- Deben de ter unha duración máxima de DOUS MINUTOS. 

4- Poden realizarse nas modalidades de Audio e de Video

5- Tedes que envialos por unha destas canles: 

· E mail: juanlf@colexiorocio.com 

· WhatsApp da nosa escola 658715569 

· Traer á escola nun Pen drive 

6- A data límite para entregar os vosos relatos será o LUNS 28 de outubro ás 23:59h. 

 


Os microrrelatos de misterio e medo serán avaliados tendo en conta os seguintes criterios


CRITERIOS DE PUNTUACIÓN

-A corrección idiomática 

-A participación do alumnado 

-A entonación e interpretación

-A estrutura do relato: inicio, nó, e desenlace. (Non  ten que ser necesariamente nesa orde!)

-Os efectos especiais


O mércores 30 de outubro teremos a estrea oficial dos microrrelatos finalistas e coñeceremos aos gañadores das diferentes categorías do concurso. 


20 de jun. de 2024

RADIO RESÍO: Programa de fin de curso

Os rapaces de 5º de Primaria deixáronnos o derradeiro programa do curso, no que falan das actividades realizadas no cole este último mes, así como da festa de San Xoan. Agardamos que vos guste!!




17 de jun. de 2024

10 de mai. de 2024

RADIO RESÍO: Programa especial das Letras Galegas

 Deixámosvos aquí o programa de Radio Resío do mes de maio, adicado á celebración das Letras Galegas. Este ano 2024, a autora homenaxeada é Luísa Villalta.


PREME AQUÍ PARA ESCOITAR O PROGRAMA


Versos para recordar a la coruñesa Luísa Villalta en el 20 aniversario de  su fallecimiento

9 de fev. de 2024

RADIO RESÍO Programa de Entroido

 Aquí vos deixamos o programa realizado polo noso alumnado arredor da festa do Entroido.

Agardamos que vos guste!!







1 de dez. de 2023

RADIO RESÍO: Programa do 1 de decembro

Nesta nova emisión de Radio Resío, falaremos dos últimos acontecementos recollidos polos nosos reporteiros. Tamén falaremos dalgunhas curiosidades científicas. Agardamos que os guste!!

PREME AQUÍ PARA ESCOITAR O PROGRAMA